'Dálle a volta á Biblioteca' promove actividades gratuítas para fomentar a lectura

Soutomaior
09 de outubro 2024

O Concello de Soutomaior pon en marcha este programa para celebrar o Día das Escritoras (14 de outubro) e o Día das Bibliotecas (24 de outubro)

Silvia Cernadas e Patricia R. Saavedra presentan 'Dalle a volta á Biblioteca'

O Concello de Soutomaior pon en marcha o programa 'Dálle a volta á Biblioteca', unha iniciativa que celebra o Día das Escritoras (14 de outubro) e o Día das Bibliotecas (24 de outubro).

A concelleira de Cultura, Silvia Cernadas, e a bibliotecaria Patricia R. Saavedra presentaron este proxecto.

A idea é, segundo comentaron, poñer en valor estas datas importantes para a Biblioteca Municipal 'Luís Seoane'.

O programa ofrece diversas actividades gratuítas para todos os públicos:

Performance poético-musical baseada no libro 'As puntas da louza' da escritora local Lorena Conde, o 14 de outubro.

Espectáculo infantil 'Galicia coa maxia' de Pedro Bugarín, o 14 de outubro.

Visitas teatralizadas con María Moliner.

Xornada de xogos de mesa para descubrir o catálogo da biblioteca.

Estas actividades pretenden achegar a biblioteca á comunidade dun xeito innovador e dinámico, fomentando a lectura e visibilizando as obras de escritoras galegas.