Curtas para o público familiar, peche de luxo para o décimo sétimo FICBueu

Bueu
21 de setembro 2024

A décima sétima edición do Festival Internacional de Cinema de Bueu baixou o pano este sábado. Fíxoo co Minific, o programa de actividades dedicadas cada ano á infancia

Obradoiro de 'stop motion' para nenos no FICBueu FICBueu

A décima sétima edición do Festival Internacional de Cinema de Bueu baixou o pano este sábado. Fíxoo co Minific, o programa de actividades dedicadas cada ano á infancia.

A sesión de curtas para público familiar, programada para as 18:30 horas, foi a última das actividades do festival.

Pero antes, nenas e nenos puideron participar nun obradoiro de stop motion e bailar e divertirse coa música de Dani Barreiro and Kids

A xornada comezou coa Gala Escolas Galegas, dedicada aos equipos responsables das curtametraxes feitas dende centros de ensino e que participaron, e competiron, no festival.

O público infantil respondeu do mesmo xeito que o fixera o público adulto e asistiron masivamente, incrementando sensiblemente a participación con respecto ao ano pasado e apenas deixando butacas libres para gozar das películas no Centro Social do Mar.