Sete bandas pontevedresas iniciaron este mércores unha das actividades que forman parte da programación das Festas do Verán, os 15 Bolos. Desafiando á calor reinante, durante toda a tarde Visceral Eyes, Australia, Skirl, Cora Sayers, Isanda, The Grave Dolls e Glitter&Litter mostraron a súa música na praza de Curros Enríquez.
O público puido gozar de forma gratuíta das propostas de cada un destes artistas durante varias horas.
Con eles, os 15 Bolos estreaban un novo formato, máis próximo a un festival, cambiando as diferentes actuacións nas principais prazas do centro histórico por un único escenario.
The Soul Breakers, Mr. Magoo, Onion Smile, The Shoubinhas Experience, Black Dog, Champurrada e The Trunks serán os que participen nos 15 Bolos este xoves, a partir das cinco da tarde en Curros Enríquez.
En todo caso, o último 'bolo' destas bandas será el de La casa de los ingleses, o próximo 13 de agosto na Praza de España. Serán os teloneiros de Dorian, un dos grupos que actuará nas Festas da Peregrina.