O Pazo da Cultura de Pontevedra estreou este xoves o programa de actividades do Culturgal cunha primeira xornada reservada aos axentes do sector cultural.
A colectivos Escena Galega e Asociación Galega de Empresas Musicais organizan este primeiro encontro da 15ª edición da feira, co apoio da Xunta de Galicia.
A xornada reuniu máis de 20 responsables de programación de municipios, teatros e festivais de Galicia e do norte de Portugal con medio cento de representantes de compañías escénicas, grupos de música, empresas promotoras e distribuidoras.
Esta xornada profesional estendeuse ata ás 18.30 horas ao redor de accións de networking, presentacións, coloquios e roldas de negocio a modo de reunións personalizadas, enfocándose prioritariamente aos programadores dos espazos asociados á Rede Galega de Teatros e Auditorios, sen deixar de lado o resto das programacións.
Culturgal abrirá a todo o público este venres contando ata o domingo cunha ampla oferta de actividades.