Culturgal confirma nunha xuntanza o apoio económico da Consellería de Cultura para a edición deste 2023

Pontevedra
13 de xuño 2023

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, reuníronse co presidente da asociación Culturgal, Víctor López, e mais co novo director da feira, Camilo Franco, para tratar as primeiras propostas para a edición décimosexta do evento cultural que se vai desenvolver de novo en Pontevedra

Víctor López, Camilo Franco, Anxo Lorenzo e Jacobo Sutil durante a reunión sobre Culturgal 2023 Xunta de Galicia

No mes de novembro celebrarase a décimosexta edición do Culturgal, a Feira das Industrias Culturais Galegas, en Pontevedra e o equipo encargado da organización traballa xa na obtención de financiamento do evento. Precisamente o novo director do Culturgal mantiña este martes unha reunión en Santiago con representantes da Xunta para acordar a colaboración para o evento.

Anxo M. Lorenzo, director xeral de Cultura, e Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) reuníanse con Víctor López, presidente da asociación Culturgal e con Camilo Franco, novo director da feira que se desenvolve no Pazo da Cultura.

neste encontro confirmábase que un ano máis, Culturgal contará co apoio económico da Conselería de Cultura, Educación, FP e Universidades coa intención de que continúe sendo a referencia para o sector e tamén para o público.

Para levar a cabo este obxectivo aplicarase o proxecto presentado por Camilo Franco seleccionado pola directiva do colectivo que integran AGAPI, AGE; Escena Galega, AGEM e EGANET, colectivos que recollen a colectivos de produtoras independentes, editoras; artes escénicas; empresas musicais e entidades dedicadas a internet e novas tecnoloxías.