Ao cartel das Festas da Peregrina, do que xa coñeciamos os concertos de Zahara e Camela, sumouse oficialmente outro artista. Trátase de Coque Malla.
Así o confirmou o propio artista nas súas redes sociais. Coque Malla subirá ao escenario da Praza de España o luns 15 de agosto, a partir das 22:30 horas.
O artista, que triunfou primeiro con Los Ronaldos e despois na súa carreira en solitario, volverá ás Rías Baixas tras participar na última edición de PortAmérica.
Será cun concerto no que, ademais de repasar os grandes éxitos da súa traxectoria, presentará en directo ao público pontevedrés os temas incluídos en El astronauta gigante, o seu noveno disco en solitario, editado o pasado ano.
Este concerto, como o resto dos incluídos na programación festiva de Pontevedra serán gratuítos. Non será necesario retirar ningún tipo de entrada nin invitación.