Conmoción na escena musical pontevedresa polo falecemento de Dany Moure

Pontevedra
21 de agosto 2023

O coñecido músico pontevedrés, integrante de bandas como Odiosos 5 e Moucho, faleceu este domingo 20 de agosto de maneira repentina aos 44 anos de idade

Dany Moure, na presentación do Local Pop Rock no Campiño de Santa María Cristina Saiz

A escena musical e cultural pontevedresa perdeu de maneira repentina un dos seus membros máis activos, o músico Dany Moure.

O guitarrista e vocalista de diferentes bandas e proxectos faleceu este domingo 20 de agosto aos 44 anos de idade.

O seu falecemento causou unha profunda conmoción no ámbito cultural da Boa Vila.

Moure colaboraba en moitos dos eventos musicais que se organizan na cidade.

De feito foi parte o pasado mes de xullo da presentación da iniciativa Local Pop-Rock, na que actuou despois coa súa banda Odiosos 5.

Ademais, militou en grupos como Moucho ou Gold & Colt.