A Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola, quere celebrar o Entroido de 2021 rendendo unha homenaxe ao Loro Ravachol a través dun concurso de debuxo.
O prazo estará aberto ata o día 18 de febreiro, e para participar hai que enviar o debuxo e os datos de contacto da persoa participante ao correo electrónico [email protected].
Segundo a biblioteca, admítense debuxos tanto con técnicas tradicionais coma dixitais e compartirá os debuxos recibidos nas súas redes sociais: Facebook e Intagram. Sortearase tamén un lote de libros entre todas as persoas participantes.
Como anunciou a Biblioteca Pública o pasado 26 de xaneiro a través das súas redes sociais, debido as restricións da nosa comunidade autónoma, permanecerá pechada ao público ata o día 18 de febreiro, día no que se prevé que a actividade retome a normalidade. Para máis información pódese visitar a súa páxina web: https://bibliotecas.xunta.gal/pontevedra/gl/actualidade/axenda/debuxa-o-teu-ravachol
O concurso de debuxo da Biblioteca Pública de Pontevedra é outra das iniciativas da cidade que se suma a xa proposta polo Museo de Pontevedra "Vestindo o Ravachol"