A xornada final do Festival Sonrías Baixas fixo vibrar o público que se achegou ata o recinto de Bueu para gozar do espectacular fin de festa dun evento que celebraba os seus vinete anos de existencia.
Ao longo do sábado subiron ao escenario artistas como Lamatumbá, Ortiga e Pili Pampín e Lia Kali.
Durante a tarde, a música corría a cargo de Lamontagne & PicoAmperio; duns entusiastas Arde Bogotá; Grande Amore e La Pegatina, que celebraba os seus vinte anos de formación.
María de Juan deixaba unhas imaxes sorprendentes coa súa poste en escena e tamén Macaco xeraba auténtico fervor entre o público.
Cool Nenas foi a sorpresa da xornada e aquelas persoas que non puideron velas durante a xornada do venres, tiveron unha nova oportunidade este sábado.
Por último, Dubioza Kolektiv e o Ninho de los Recaos pecharon unha edición inesquecible de música, enerxía e diversión.
Segundo a organización, a 20ª edición do SonRías Baixas xerou un impacto económico na zona de 1,5 millóns de euros e creaba 540 empregos directos. 22.400 persoas asistiron aos concerctos, con público principalmente de idades novas.