Concerto de Antonio José con entrada libre este sábado na Festa do Lacón con Grelos de Cuntis

Umia
29 de febreiro 2024

Grazas a un patrocinio, con motivo da edición 25 desta festa gastronómica, o concerto previsto para o sábado 2 de marzo será gratuíto para todo o público con entrada libre ata completar a capacidade do recinto na Rúa Pedro Campos.  As persoas que adquiriron a súa entrada a través da plataforma Woutick recibirán o reembolso nas próximas horas

Antonio José https://www.antoniojose.es/

O artista cordobés Antonio Joséserá a gran estrela musical da Festa do Lacón con Grelos de Cuntis cun concerto que será aberto ao público durante a xornada deste sábado 2 de marzo.

Grazas a un patrocinio, impulsado pola celebración do 25 aniversario da importante cita gastronómica, finalmente o recital do popular cantante será de entrada libre ata completar a capacidade do recinto na Rúa Pedro Campos.

O concerto comezará ás 22.00 horas e o público terá a oportunidade de gozar de temas tan exitosos como 'La noche perfecta' e as cancións do seu disco 'O pacto'.

O músico andaluz ofrece este concerto en Cuntis nun ano de gran traballo no que está a preparar un novo proxecto de carácter internacional.

As persoas que xa adquirisen a súa entrada a través da plataforma Woutick recibirán o reembolso nas próximas horas, segundo informan desde o Concello de Cuntis.

Manuel Campos, alcalde do municipio, sinala que esta actuación se inclúe dentro dunha programación de gran calidade e lembra a importancia que a Festa do Lacón con Grelos ten para dinamizar a economía local.