'Cómicas, habelas hainas', un espectáculo de humor feito por mulleres para público adulto

Pontevedra
17 de febreiro 2023

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presentou este venres "unha das grandes novidades da programación cultural" que organiza a administración provincial para este ano 2023 que é 'Cómicas, habelas hainas'

Presentación de 'Cómicas, habelas hainas' Deputación de Pontevedra

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presentou este venres "unha das grandes novidades da programación cultural" que organiza a administración provincial para este ano 2023 que é 'Cómicas, habelas hainas'.

Segundo indicou Carmela Silva, trátase de "unha innovadora proposta " coordinada pola actriz viguesa Jazmín Abuín "coa que imos potenciar o papel das mulleres cómicas na provincia".

Do 4 de marzo ao 12 de maio a Deputación levará por todas as comarcas da provincia a comedia feita e protagonizada por mulleres, con dez monólogos en vivo a cargo de Jazmín Abuín, Arantxa Treus, Marta Doviro, Bianca Kovacs, Coria Castillo e Bárbara Grandío.

A presidenta destacou que, desde o goberno provincial "seguimos a apostar pola igualdade e por levar a cultura a todo o territorio" convencidos de que "non hai un elemento de transformación social como a cultura".

Carmela Silva incidiu en que, con esta iniciativa, "imos romper cos prexuízos que aínda hoxe moitas cómicas, especialmente en Galicia, sufrindo" xa que "tamén o humor segue sendo un terreo maioritariamente masculino e non precisamente por falta de profesionais ou talento".