"Cómicas, habelas hainas" chega este xoves ao Teatro Principal, con Jazmín Abuín, Arantxa Treus, Bárbara Grandío e Bianca Kovacs

Pontevedra
10 de maio 2023

O Teatro Principal acollerá este espectáculo de monólogos de humor a partir das 21:00 horas, con entrada libre ata esgotar o aforo

Presentación de 'Cómicas, habelas hainas' Deputación de Pontevedra

O Teatro Principal acollerá este xoves o espectáculo de monólogos de humor "Cómicas, habelas hainas", a partir das 21:00 horas, con entrada libre ata esgotar o aforo.

Actuarán Jazmín Abuín, Arantxa Treus e Bárbara Grandío, xunto á artista invitada para a ocasión, a romanesa Bianca Kovacs. 

O ciclo, que está a percorrer con enorme éxito de público todas a comarcas da provincia, visibiliza a comedia feita e protagonizada por mulleres cun espectáculo de 'stand-up comedy' de algo máis dunha hora de duración, no que as artistas abordan nos seus monólogos distintas temáticas cun formato áxil e dinámico. 

Nel, Bárbara Grandío como presentadora vai introducindo coas súas intervencións ás outras participantes. 

Este venres o programa "Cómicas, habelas hainas" pechará o seu ciclo de espectáculos no novo Auditorio do Grove este a partir das 20:30 horas.