Combo Paradiso, Amaro Ferreiro e Bejo poñen o ritmo á quinta xornada de concertos da Peregrina

Pontevedra
12 de agosto 2021

A quinta xornada das Festas da Peregrina contou con tres propostas de diferentes estilos musicais nos escenarios da Ferrería, a Praza de España e as pistas de Campolongo

Concerto de Combo Paradiso nas Festas da Peregrina 2021 Mónica Patxot

A quinta xornada das Festas da Peregrina contou con tres propostas de diferentes estilos musicais nos escenarios da Ferrería, a Praza de España e as pistas de Campolongo.

Ao primeiro deles subiuse Combo Paradiso, o novo proxecto de músicos con ampla traxectoria como Alberto Zanaut, Julián Maeso, Juan Zelada e Adrián Costa e que presentaron en Pontevedra o seu primeiro traballo conxunto, 'Loco Vaivén'.

Pola súa banda no escenario principal da Praza de España compareceu o vigués Amaro Ferreiro para reivindicarse como primeiro espada nun concerto baseado no seu último disco, titulado 'Personajes secundarios'.

Por último nas pistas de Campolongo o protagonismo foi para o rapeiro canario Bejo.

Este xoves 12 de agosto tomarán a testemuña nas Festas da Peregrina Xulio Lorenzo na Ferrería (21.00 horas) e Juan Perro na Praza de España (22.00 horas), mentres que en Campolongo será unha noite para os monólogos con Luís Piedrahíta (22.30 horas).