'Cisne Negro' de Darren Aronofsky, terceira sesión do ciclo 'O Oficio de Vivir'

Pontevedra
12 de febreiro 2020

A cinta que que se proxectará este xoves 13 será 'Cisne Negro', de Darren Aronofsky. O evento, que terá entrada de balde, comezará ás 19.00 no Teatro Principal

Fotograma de 'Cisne Negro', de Darren Aronofsky PontevedraViva

Pasado o ecuador do mesmo, chegamos á terceira sesión do ciclo de cinema 'O Oficio de Vivir', no que se explora o método privilexiado que teñen os mecanismo da narrativa cinematográfica para plasmar temas sobre saúde mental.

A cinta que que se proxectará este xoves 13 será 'Cisne Negro', de Darren Aronofsky. O evento, que terá entrada de balde, comezará ás 19.00 no Teatro Principal.

'Cisne Negro' é unha cinta de terror psicolóxico no que seguimos a historia de Nina Sayers, uha bailarina da compañía de ballet de New York que loita por un posto na representación de O Lago dos Cisnes. Ela, unha meticulosa profesional, descenderá nunha espiral de locura ante as presións da súa autoritaria nai e o abusivo director da compañía, que lle anima a liberar o seu lado escuro se se quere facer co papel.

Atopámonos ante un relato sobre a locura pero tamén sobre a alta esixencia e competitividade no ámbito profesional e como estes nos afectan ata o punto de comprometer a nosa integridade. Natalie Portman deu vida á protagonista cunha visceral interpretación que lle valeu o Oscar á mellor actriz en 2011.

Ficha
Título: Cisne Negro

Director: Darren Aronofsky
Año: 2010
País: Estados Unidos
Duración: 108 min.