'Cinema na Lúa' recala na praza da Pedreira a partires deste luns

Pontevedra
03 de agosto 2020

Ofrece 7 filmes de estilos moi diferentes, un deles en versión orixinal subtitulada

Cinema na Praza da Pedreira Diego Torrado

O ciclo Cinema na Lúa tamén forma parte da programación 'Pontevedra vísese' e, partires deste luns, volverá recalar na praza da Predreira. Entre o 3 e o 7 de agosto ofrecerá, todos os días ás 23h, un filme de estilos e temáticas moi variadas e como novidade, nesta edición, inclúese un filme en versión orixinal subtitulada. Este ciclo realízase en colaboración co Cineclube Pontevedra. 

Programa Cinema na Lúa

3 de agosto

  • 23:00h. Praza da Pedreira. Comanchería. Western 

 

4 de agosto

  • 23:00h. Praza da Pedreira. Muchos hijos, un mono y un castillo. Documental

 

5 de agosto

  • 23:00h. Praza da Pedreira. A muller da montaña. (Estaba programado 'Capitán Fantastic')

 

6 de agosto

  • 23:00h. Praza da Pedreira. Lady Bird. Comedia dramática

 

7 de agosto

  •  23:00h. Praza da Pedreira. Psycosis. VOSE. Intriga

 

Todas as actuacións de escenario estarán acoutadas, aforadas e co público sentado en función do número de cadeiras que permita cada espazo escénico distribuído pola cidade e os barrios. O aforamento está determinado por estudos previos realizados pola Concellaría de Festas, que xestiona Carme da Silva, atendendo aos distintos decretos ditados polas administracións estatal e autonómica.

Os 13 espazos escénicos serán previamente desinfectados: cadeiras, escenario, camerinos, zonas de control... Ao remate de cada actuación, volverase a desinfectar. 

A asistencia a todos os espectáculos é de balde, mantendo así a política festiva do Concello de Pontevedra. A entrada ao recinto abrirase unha hora antes para que as persoas que queiran asistir poidan facelo con tranquilidade, sen aglomeracións e garantindo as medidas hixiénico-sanitarias marcadas. En todos os espazos escénicos haberá unha única porta de entrada.

O público deberá pasar, primeiro, por unha alfombra húmida (con produtos desinfectantes) e a continuación por unha alfombra seca. Deberán levar máscara, limpar as súas mans con hidroxel e seguir, en todo momento, as indicacións do persoal de seguridade e dos acomodadores que haberá no espazo acoutado.

Os espectáculos durarán unha hora. O público asistente deberá permanecer sentado todo o tempo, agás para abandonar o recinto.
Ao remate, a Concellaría habilitará dúas saídas en cada un dos espazos, que estarán en lugares opostos á entrada.

 

Arquivado en