Cine social e independente chega a Santo Tomé de Piñeiro

Marín
05 de decembro 2024

A programación desenvolverase durante este fin de semana cunha selección de curtametraxes e documentais con temáticas rurais e sociais

Dani Antelo no Rio Web Fest Dani Antelo

O Club Audiovisual Marín de Cine celebrará esta fin de semana a terceira edición da súa Mostra itinerante na parroquia de Santo Tomé de Piñeiro, en colaboración coa Asociación Cultural local e a Comunidade de Montes.

A programación, que se desenvolverá durante o sábado 7 e domingo 8 de decembro, inclúe unha coidada selección de curtametraxes e documentais centrados en temáticas rurais e sociais.

Programa de proxeccións

Sábado 7 de decembro:

  • 12:30h: Sesión familiar coas curtametraxes 'Rutina' de Roberto López Carneiro e 'El Bloque' de Fermín Gil, que abordan as relacións veciñais e a vida cotiá.

  • Sesión de tarde: Proxección do documental 'La Batalla del Viento', que analiza o impacto medioambiental e social dos parques eólicos en zonas rurais.

Domingo 8 de decembro:

  • 12:30h: Curtametraxes sobre empoderamento feminino: 'Segunda' da realizadora galega Anita Pico e 'Mothertrucker' de Paula Romero.

  • 19:00h: Clausura co documental 'Aurora' de Area Erina, unha reflexión sobre a vida rural galega a través do diálogo cunha anciá.

Dani Antelo, promotor da iniciativa, quen recentemente participou como convidado especial no Rio WebFest do Brasil, anima a participar non só aos veciños de Santomé, senón a todos os amantes do cine de Marín e localidades próximas interesados nestas temáticas sociais.

Durante a súa estadía en Río, Antelo conseguiu un preacordo de coprodución para unha serie documental brasileira que sería rodada en Galicia.

O cineasta, organizador do John Balan Fest de Marín, sinala que foi un privilexio convivir con profesionais referentes da industria audiovisual internacional e sinala que recolleu numerosas ideas para poñer en marcha en breve desde Marín.