Chris Jagger, irmán menor do líder de The Rolling Stones, presenta álbum en El Náutico

O Salnés
03 de xullo 2023

Chris Jagger é músico, actor e compositor. Atópase de xira por Europa presentando 'Mixing Up The Medicine'. O concerto en El Náutico de San Vicente (O Grove) será o sábado 8 de xullo, a partir das 23.30 horas. As entradas están dispoñibles na páxina web do establecementoa>

Chris Jagger Trio www.chrisjaggeronline.com/

Chris Jagger é un músico, compositor e actor británico ao que se lle coñece por ser irmán menor do popular cantante Mick Jagger, fundador e membro da banda The Rolling Stones. 

Este sábado 8 de xullo, a partir das 23.30 horas, presentará o seu novo álbum 'Mixing Up The Medicine' no Náutico de San Vicente, no municipio do Grove. As entradas atópanse dispoñibles a través da páxina web do establecemento.

O disco era gravado durante a etapa de confinamento pola pandemia e, entre os colaboradores, atópase o propio Mick Jagger. Agora está desenvolvendo unha xira por Europa percorrendo, ademais de España, Reino Unido, Austria, Holanda, Eslovenia e Italia. Chris Jagger conta cunha ampla discografía, con 12 álbums e diversas colaboracións 

Recentemente tamén publicaba o seu libro 'Talking to myself', unha autobiografía na que relata a vida da familia Jagger. A súa canción, 'Hey Brother' trata sobre a relación co seu irmán Mick.

O concerto ofrécese en formato trío cun son en que combina o folk co blues. Tamén contribuíu en dous traballos discográficos dos Rolling Stones: 'Dirty Work' (1986) e 'Steel Wheels' (1989). 

Na súa faceta como intérprete cinematográfico figura no equipo actoral de sete películas. A súa última rodaxe foi 'I got the Blues in Austin', que se estreo en 2009. Tamén é actor teatral.