Catro estudantes de Belas Artes participan coa "Aula Aberta" na exposición do CGAC

Pontevedra
26 de febreiro 2021

Catro estudantes participan co seu proxecto Aula Aberta na exposición do Centro Galego de Arte Contemporánea que conmemora o 30 aniversario da Facultade de Belas Artes. A idea é que esta zona situada no museo compostelá funcione como un epílogo da exposición e así compoñer un espazo de creación e investigación da formación académica

Aula Aberta do Centro Galego de Arte Comtemporánea Diario da Universidade de Vigo

Con motivo do 30 aniversario da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) situado en Santiago de Compostela, inaugurou a semana pasada Cultivar incertezas. Reformular o espazo / Conmocionar a mirada, unha exposición que reune as creacións de 30 artistas que pasaron polas aulas da facultade ao longo destas tres décadas.

A mostra comisariada por Ángel Cerviño compleméntase coa Aula Aberta, un espazo que busca dar visibilidade aos proxectos e iniciativas nacidos no interior da Facultade de Belas Artes e que acolle ademais a intervención artística realizada por catro dos seus estudantes baixo a coordinación da profesora Almudena Fernández Fariña.

A idea da Aula Aberta, explicou a súa coordinadora a historiadora da arte Natalia Poncela ao Diario da Universidade de Vigo (DUVI), é que esta funcione como un epílogo da exposición e así compoñer un espazo de creación e de investigación da formación académica.

Desta forma, catro alumnos da materia Proxectos de debuxo e pintura, Ruth Vidal, Alejandro Vázquez, Mateo Barcia e Rosalía Bello, foron os responsables de levar a cabo unha intervención conxunta que tiña como punto de partida o encerado de grandes dimensións presente na sala. 

Os alumnos explicaron ao DUVI que o seu obxetivo era conectar o Museo co edificio da Facultade de Belas Artes a través do absurdo, incluíndo eso sí, toda a ensinanza recibida. Buscaban unha sintonía entre os seus intereses e as súas ideas artísticas para ter como resultado unha obra común que tivese sentido tanto conceptual como estético.

En la entrevista que les realizó el DUVI expusieron que están encantados de poder ter a oportunidade de expor no museo máis importante de Galicia, e á mesma vez poder velo por dentro durante a montaxe da exposición.

Para obter máis información sobre a exposición visita: Cultivar incertezas. Reformular o espazo / Conmocionar a mirada.