Carolina Durante e Natalia Lacunza actuarán o 4 de agosto no Costa Feira de Sanxenxo

Sanxenxo
08 de xuño 2023

Dous novos concertos súmanse ao festival Costa Feira de Sanxenxo. Nesta ocasión, a organización 'pesca' no panorama da música independente española. Faino coa incorporación ao seu cartel de Carolina Durante e Natalia Lacunza. Ambos compartirán escenario o venres 4 de agosto, a partir das nove da noite

Carolina Durante e Natalia Lacunza Universal Music

Dous novos concertos súmanse ao festival Costa Feira de Sanxenxo. Nesta ocasión, a organización 'pesca' no panorama da música independente española. Faino coa incorporación ao seu cartel de Carolina Durante e Natalia Lacunza. 

Ambos compartirán escenario o venres 4 de agosto, a partir das nove da noite.

Carolina Durante, a banda de pop-rock liderada por Diego Ibáñez, é desde hai anos una das referencias da nova xeración musical do 'indie' español. Chegarán a Sanxenxo en plena recta final da xira do seu segundo disco, Cuatro Chavales.

 

Xunto a eles estará Natalia Lacunza, unha artista que adquiriu popularidade tras participar en OT 2018. Desde entón labrou unha sólida carreira na que apostando por un pop con aires electrónicos que derivou no seu exitoso primeiro álbum, Tiene que ser para mí.

 

As entradas para asistir a estes dous concertos están xa á venda. Os seus prezos oscilan entre os 28 euros e os 70 euros -este último o custo dos pases VIP-

Ademais destas dúas actuacións, Costa Feira anunciou que o dúo Besmaya será a proposta musical que amenice o festival o xoves 17 de agosto.

Besmaya son Javier Echavarri e Javier Ojanguren, unha banda que ofrece unha clara renovación do pop español, unha proposta distendida que deixa de lado os ritmos urbanos actualmente omnipresentes en todo o panorama musical.