Campo Lameiro acolle una exposición sobre "o home que máis sabía de petróglifos"

Pontevedra
07 de agosto 2022

O Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre (PAAR) presentou a exposición temporal "Memoria e legado de R. Sobrino Lorenzo-Ruza" realizada polo Colectivo A Rula e a súa familia

Presentación da exposición temporal "Memoria e legado de R. Sobrino Lorenzo-Ruza" PAAR

O Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre (PAAR) presentou esta semana a exposición temporal "Memoria e legado de R. Sobrino Lorenzo-Ruza" realizada polo Colectivo A Rula e a súa familia. 

Participaron no evento Sabela Sánchez en representación do Colectivo A Rula, Carlos Costa polo Concello de Campo Lameiro e o sobriño do homenaxeado, Ángel Núñez.

Esta exposición estará aberta ao público ata o 15 de setembro e explica en dez paneis unha das figuras no eido da arqueoloxía que máis coñecía o mundo da arte rupestre en Galicia como dicía Carlos Alonso Real: "o home que máis sabía de petróglifos".

Despois do paso polo Museo do Pobo Galego e do Museo de Pontevedra, entre outros centros, todos os visitantes que se acheguen á capital da arte rupestre galega poderán visitar esta mostra que complementa á propia exposición permanente que exhibe o centro. 

A traxectoria deste grande investigador da arte rupestre tamén estivo vinculada ó estudo dalgúns dos grandes petróglifos incluídos na actualidade dentro do Parque Arqueolóxico como a Laxe da Forneiriña ou Outeiro dos Cogoludos, dando continuidade ó traballo realizado polo seu pai, o tamén arqueólogo Ramón Sobrino Buhígas.