Cambio de datas no Surfing the Lérez: adiántase unha semana, aos días 14 e 15 de xuño

Pontevedra
13 de xaneiro 2024

O motivo é que os días 21 e 22 de xuño, as datas que adiantaran hai un par de semanas, a Illa das Esculturas estará ocupada cun campionato nacional de tríatlon e ambos os dous eventos, debido ás súas respectivas infraestruturas, non poderán coincidir.

Terceira e última xornada do Surfing the Lérez 2023 Cristina Saiz

Un imprevisto obrigou á organización do Surfing the Lérez a modificar as datas para celebrar a súa edición de 2024. Terán que adiantar o festival unha semana.

O motivo é que os días 21 e 22 de xuño, as datas que adiantaran hai un par de semanas, a Illa das Esculturas estará ocupada coa celebración dun campionato nacional de tríatlon e ambos os dous eventos, debido ás súas respectivas infraestruturas, non poderán coincidir.

O Surfing the Lérez 2024 celebrarase, por tanto, os días 14 e 15 de xuño, segundo confirmou a organización.

Avanzan ademais que "en breve" coñeceranse os artistas que actuarán este ano nesta autentica romaría popular, que volverá atraer a miles de persoas de todas as idades.