Cambados celebrará cun concerto de IALMA as Letras Galegas

O Salnés
04 de maio 2023

Co motivo da celebración das Letras Galegas, o Concello de Cambadosa> organiza un programa de actividades que se desenvolverá entre o 12 e o 21 de maio

IALMA Concello de Cambados - Arquivo

Co motivo da celebración das Letras Galegas, o Concello de Cambados organiza un programa de actividades que se desenvolverá entre o 12 e o 21 de maio.

Os escolares do Concello darán comezo á cita do 12 de maio coa lectura de textos de Francisco Fernández del Riego, autor ao que se lle adican as Letras este ano. Será a Asociación Cultural BoudeBou a encargada de amenizar a xornada no Paseo da Calzada.

Durante o domingo 14 terá lugar no Auditorio da Xuventude, ás 21:00 horas, o concerto deIALMA, que será de balde ata completar a capacidade do espazo. O propio día das Letras Galegas levarase a cabo unha ofrenda floral no Paseo da Calzada e o concerto da Banda de Música de Castrelo no Parque de Torrado. En caso de choiva, a actuación musical será no Auditorio da Xuventude.

O goberno local lembra que, do 12 ao 17 de maio, se expoñerán no Paseo da Calzada uns paneis sobre Fernández del Riego que foron elaborados polos centros de ensino de Cambados.