Calros Solla presenta a súa última obra no Concello de Cuntis

Umia
18 de xuño 2022

Manuel Campos agradeceu a Calros Solla ter a ben presentar a súa última obra no Concello de Cuntis, así como, á Escola de Zanfonas "Suso Vaamonde" pola magnífica actuación

Calros Solla presenta a súa última obra no Concello de Cuntis Concello de Cuntis

A Casa de Cultura Roberto Blanco Torres acolleu este venres a presentación do libro de Calros Solla "Crónica da Galiza Bizarra" nun acto que comezou ás 21 horas e que contou coa actuación musical da Escola de Zanfonas "Suso Vaamonde".

A presentación correu a cargo do xornalista Fernando Salgado e nela interviu con moitas destas microhistorias o autor do libro, Calros Solla; e o alcalde de Cuntis, Manuel Campos Velay.

"Crónica da Galiza Bizarra" reúne, ao longo de 120 anos, 125 microhistorias misteriosas e sorprendentes, fabulosas e extraordinarias en sentido amplo; aparecidas na prensa galega de aquí e de alén mar.

O volume ordéase, dende o ano 1848 até o ano 1968, cunha centena de textos xornalísticos, devindos por decantación en relatos breves.

Durante a presentación o propio autor contou moitas destas historias que fixeron desfrutar ao público asistente grazas ao bo facer do autor contando as peripecias e métodos para poder conseguir estes relatos.

Xa para rematar o acto contou coa actuación musical da Escola de Zanfonas "Suso Vaamonde" que fixo vibrar aos alí asistentes e inclusive animou a cantar a viva voz ao autor mentres soaba a marcha do Antigo Reino de Galicia.