A Biblioteca Municipal de Caldas de Reis acollerá este sábado 23 de abril ás 12 horas, co gallo do Día do Libro, o espectáculo de narración oral e obxectos “Tanto vai o cántaro a fonte...”, a cargo de Dani Blanco.
O espectáculo está dirixido a nenas e nenos a partir dos 3 anos e forma parte da programación cultural “Unha primavera de contos”. A actividade é de balde e xa está tendo moi boa acollida, pero é preciso inscribirse na propia biblioteca ou chamando ao 986530604 ata completar o aforo.
As vindeiras actuacións serán os días 13 de maio, con Caxoto e o seu espectáculo relacionado coas Letras Galegas “Carteiro en bicicleta”, e o día 27 de maio, con Bea Campos con “Contos nas orellas”. Ambos serán ás 18 horas e será necesario anotarse previamente dende unha semana antes das actuacións.