Cadros para chuparse os dedos

Pontevedra
10 de decembro 2013

A artista Elena Gómez Dahlegren recolle en doce cadros algunhas das receitas máis emblemáticas do cociñeiro Xosé Cannas do restaurante Pepe Vieira

A pintora Elena Dahlgren interpreta a gastronomía do chef Xose Cannas en 12 obras
A pintora Elena Dahlgren interpreta a gastronomía do chef Xose Cannas en 12 obras / Mónica Patxot

Os ingredientes comezaron a mesturarse o 3 de xullo cando a artista Elena Gómez Dahlgren se achegou a comer en compaña da súa irmá ao restaurante de Pepe Vieira. Alí coñeceu a Xose Cannas. Conversaron durante horas sobre comida e pintura. O cociñeiro lle propuxo á creadora viguesa un proxecto artístico no que debuxase as súas receitas máis coñecidas. A idea callou. Cinco meses máis tarde, doce obras sintetizan a esencia das propostas gastronómicas de Xose Cannas. Dende esta semana os comensais poderán ver estes traballos no restaurante Pepe Vieira e terán tamén a opción de adquirir algunha destas pezas que forman parte dunha edición limitada de corenta exemplares.

"Lo más intenso fue dibujar los primeros meses", indica a artista. "Ella venía a los restaurantes, veía las recetas, comía..." explica Xose Cannas. "Sobre todo comía", puntualiza Elena entre risas, "él me decía las recetas que le interesaban y de ahí escogía las que más me motivaban para dibujar. Principalmente, me gustaban las de pescado. Los peces siempre me han interesado".

A primeira das obras nacida desta proposta leva por título 'Sardinas, pan y chorizo' e nela, ao igual que sucede noutras nove, figuran manuscritos do xefe de cociña estrela Michelín que escribiu a pluma as súas receitas para que Elena a través dunha técnica de colaxe plasmase a súa letra nas pinturas.

Á artista gústalle especialmente a obra titulada 'Las patatas del cocido' na que aparece unha fotografía das mans do cociñeiro. A el, en cambio, entusiásmanlle as pernas de muller en forma de abella e as bólas merengadas saíndo das nubes do debuxo que retrata o 'Requesón con escamas de merengue y miel de flores'.

"Yo trabajo con collage y luego hago puzzles con todo. Los textos se escanearon y los utilicé como elementos de dibujo", aclara Elena, "luego me ayudó la artista Pilar Alonso para hacer la edición, que es el trabajo más difícil".

Descoñecen se un proxecto destas características foi realizado antes por algún artista. Ao non ter referentes, Elena foi recollendo todo o proceso nun diario no que poden verse anotacións e probas de debuxo. Ela afirma ter adquirido coñecementos culinarios sorprendentes. "La cocina es arte. Su obra se come y la mía no. Sobre todo porque la pintura roja es muy tóxica", chancea.

Nestas obras pódense encontrar receitas de bonito con bloody mary de tomates maduros, cordeiro asado sobre guiso de fogaza de pan e ñoras, preparados de centola e mesmo a receita dunha sobremesa que se serve nun vaso de nocilla. O título non podía ser outro: ''Leche, cacao, avellanas y azúcar'.

Agora, Elena Dahlgren está inmersa noutro proxecto consensuado con Xose Cannas: "me prestó su vajilla y estoy empezando a dibujar los platos". Será unha nova proposta que combine o sabor coa estética.

Ata febreiro, a colección tamén pode verse na tenda Introset na Avenida Juan Carlos I.