O Concello de Pontevedra anima os locais de hostalería a que participen no programa Cabos Soltos durante este ano anotándose para participar do programa de eventos culturais.
Segundo indican fontes municipais, o programa conta con 33 locais que promoven actuacións en directo de bandas de pequeno formato e tamén de artistas plásticos, poetas ou monologuistas. A intención do Concello é que este programa actúe como paraugas para realizar actividades culturais e de lecer nos diferentes espazos hostaleiros da cidade para crear emprego e fomentar estes establecementos.
Cabos Soltos posibilita que estes locais ofrezan escenarios para accións artísticas e culturais. Para poder formar parte deste programa é necesario cumprir as condicións e a documentación solicitada.
As persoas relacionadas coa actividade cultural tamén teñen a opción de figurar na base de datos habilitadapara promocionar as súas propostas. Tanto locais como artistas poden inscribirse a través daligazón de Cabos Soltos.