Booktubers para fomentar a lectura o Día do Libro

Pontevedra
21 de abril 2021

A Biblioteca Pública Antonio Odriozola de Pontevedra programa un obradoiro para crear contidos sobre literatura na canle de vídeos Youtube. Será este 23 de abril e a Xunta fomenta esta actividade para favorecer o achegamento ao universo literario a través de propostas audiovisuais

Biblioteca Pública Antonio Odriozola, de Pontevedra Biblioteca Pública Antonio Odriozola - Xunta de Galicia

Coa intención de crear afeccionados á lectura a través de fórmulas audiovisuais, a Xunta de Galicia pon en marcha este venres 23 de abril, Día do Libro, un obradoiro para booktubers na Biblioteca Pública Antonio Odriozola

Este curso diríxese a mozos a partir de 14 anos e tamén adultos. Durante a sesión, que se desenvolverá entre as 18.00 e as 20.00 horas, as persoas asistente aprenderán a crear contidos sobre literatura que despois se poidan subir á canle de vídeos Youtube coa intención de promover a lectura.

A actividade centrarase no proceso audiovisual coa intención de que as persoas interesadas aprendan a crear as súas primeiras pezas de vídeos divulgativos e en formatos propios dos denominados  booktubers, creadores de vídeos con contido sobre libros.

Os asistentes recibirán un agasallo ao final da sesión, segundo indican desde a Xunta de Galicia. Para participar é necesario inscribirse previamente na páxina web da biblioteca pública

Esta semana tamén se inaugurou o centro de interese 'Libros sobre libros' nas instalacións da biblioteca situada na rúa Alfonso XIII. Trátase dunha mostra bibliográfica de volumes de ficción que reivindican a lectura e as publicacións. Poderase visitar ata o 30 de abril no segundo piso.

Tamén permanece aberta a exposición 'Imaxina palabras' sobre libros infantís de autores que obtiveron o Premio Hans Christian Andersen.