Bertín Osborne abarrota a praza de España e Quatro D Abril case enche na Ferrería

Pontevedra
16 de agosto 2016

O de Bertín Osborne xa se anunciaba como o concerto máis multitudinario das festas da Peregrina este ano. E as previsións cumpríronse con fartura. Hora e media antes de que saltase ao escenario da praza de España, facíao na Ferrería o grupo pontevedrés Quatro D Abril, cun público máis novo, menos numeroso e igual de entregado

Concerto de Bertín Osborne na praza de España

O de Bertín Osborne xa se anunciaba como o concerto máis multitudinario das festas da Peregrina este ano. E as previsións cumpríronse. Miles de persoas abarrotaron a praza de España na noite deste luns para asistir á actuación. Nun agosto no que todas as citas musicais gratuítas programada polo Concello están a encher o recinto, o seu foi o espectáculo ata agora con máis público. 

O público que asistiu ao concerto de Bertín Osborne foi fundamentalmente maior de 40, unha idade que se contrapuxo coa outra actuación da noite en Pontevedra. Hora e media antes de que saltase ao escenario da praza de España, subíanse á estrutura instalada na praza da Ferrería o grupo pontevedrés Quatro D Abril

Os espectadores de Quatro D Abril foron moito máis novos e non houbo unha asistencia tan masiva como no concerto de Osborne, pero o grupo de pontevedreses practicamente encheu o aforamento e a súa entrega igualou á de quen abarrotou a praza de España

As citas musicais da Pergrina 2016 continúan este martes con outras dúas citas ás 21.00 e as 22.30 horas na Ferrería e a praza de España:

Martes 16: Furious Monkey House e Izal

Mércores 17: Fran Amil e a Tribo IncomprensíbelTreixadura Banda de Música de Pontevedra

Xoves 18: Los tres soles del Paraguay e concerto World Dance Music

Venres 19: Daniel Minimalia e Rosa Cedrón

Sábado 20: Pel e Pau e Dvicio

Domingo 21: Loquillo

AmpArticleViewer.default.tags