Bad Gyal e La M.O.D.A., primeiras confirmacións do PortAmérica?

Umia
18 de decembro 2022

O festival, que celebrará a súa próxima edición os días 13, 14 e 15 de xullo de 2023 na Azucreira de Portas, comezou a dar pistas a través das súas redes sociais dos artistas que compoñerán o seu cartel

La M.O.D.A. Ataquilla

A conta atrás para o PortAmérica 2023, que se celebrará os días 13, 14 e 15 de xullo na Azucreira de Portas, comezou coas primeiras noticias sobre a súa próxima edición.

Primeiro a promotora do evento, Esmerarte, confirmou as datas do festival, e despois chegou a posta á venda dos primeiros abonos para 'crentes', ao venderse sen aínda desvelar nomes do seu cartel.

Iso empezou a cambiar a través das redes sociais do PortAmérica, na que se comezaron a dar pistas sobre os artistas que actuarán na Azucreira en 2023 utilizando composicións coa mascota do festival.

Primeiro, cunha imaxe dunha persoa con lentes de sol e unha bágoa nun ollo, os seguidores non tardaron en recoñecer unha icónica portada de Bad Gyal, correspondente ao seu tema 'Fiebre'. A artista catalá Alba Farelo comezou a destacar con esta canción na escena urbana, acumulando desde entón millóns de reporducciones nas principais plataformas.

En canto a este domingo, a imaxe deixaba espazo a poucas dúbidas, ao referirse a La Maravillosa Orquestra del Alcohol (La M.O.D.A.), banda burgalesa que non deixou de crecer no panorama nacional e que presentará en Portas o seu último disco, 'Nuevo Cancionero Burgalés', editado a finais de 2021.

Son os dous primeiros aperitivos dun PortAmérica que promete moito máis, e que seguirá debullando aos poucos un cartel que promete emocións fortes.