Pontevedra acollerá nesta edición do Culturgal unha aposta por unha programación especialmente destinada ao público infantil.
A Feira das Culturas Galegas, que terá lugar do 29 de novembro ao 1 de decembro no Pazo da Cultura, ofrecerá unha variedade de actividades para público familiar.
O espectáculo máis destacado é o aclamado musical ‘A nena e o grilo camiño das cores’ de Magín Blanco, que inicia a súa xira de despedida o domingo 1 ás 12:15 horas no auditorio do Pazo da Cultura.
As entradas para este musical, con grandes descontos por compra anticipada, están dipoñibles en cultur.gal.
O resto das actividades infantiles son gratuítas, só é necesario adquirir a entrada de acceso á feira.
"Queremos que as familias pasen o día no Culturgal, con propostas a todas horas para divertirse e participar", asegura Camilo Franco, director do evento.
Durante tres días, os asistentes poderán gozar de destacados espectáculos como o obradoiro de maxia ‘Quen quere ser mago?’, o espectáculo de poesía e música ‘Alicia para as minchiñas’ da compañía A Feroz, e unha serie de actividades ao redor do xogo 'Hi-Score Science' en galego.
Ademais, haberá un espazo permanente da TVG onde os máis pequenos poderán probar a ser presentadores.
O venres, a familia Bolechas visitará o Culturgal, e entre as actividades programadas destaca a Festa PuntoGal, coas propostas ‘Coñece a FIRST® LEGO® League’, teatro e monicreques con ‘A Fantochoteca’, e a presentación do Salón do libro infantil de Pontevedra.
Os asistentes tamén poderán disfrutar de espectáculos como ‘A Raposa muiñeira’, ‘Mergullando sen nos mollar’ ou o obradoiro ‘De A a Z’. O domingo pola tarde, hai programados varios eventos, entre eles ‘Quero Cantar’ e o obradoiro 'Restauradoras/es por un día'.
Para máis información sobre a programación e horarios, pódese visitar a páxina web https://cultur.gal/programa/.