Atlantic Fest 2017 confirma dez novas actuacións no cartel desta edición

O Salnés
20 de maio 2017

L.A., Apartamentos Acapulco, Sen Senra, Puma Pumku, Electric Feels, Birds Are Indie, Dois, MounQup, Kings Of The Beach súmanse a bandas como Lori Meyers, Los Planetas ou Delorean

Puma Pumku Atlantic Fest

 L.A., Apartamentos Acapulco, Sen Senra, Puma Pumku, Electric Feels, Birds Are Indie, Dois, MounQup, Kings Of The Beach súmanse aos xa confirmados Los Planetas, Lori Meyers, The Temper Trap, Maxïmo Park, Delorean, Anni B Sweet, Joe Crepúsculo, Rosalía & Raül Refree, Os Amigos dos Músicos para a edición deste verán do Atlantic Fest 2017.

Unha das principais propostas deste festival é apoiar aos grupos e solistas galegos, de forma que conten cun espazo, o D'Tascas Jägermusic, para que poidan tocar en locais de aforamentos máis pequenos, en contacto directo co público.

Desta forma, o venres 30 de xuño e o domingo 2 de xullo, as tascas da Illa de Arousa, sede do festival, contarán coa mellor música da man de Sen Senra, Dois, Mounqup, Kings of the Beach e Esposa.

O sábado 1 de xullo, os granadinos Apartamentos Acapulco e os dj's de Vigo, Electric Feels actuarán na Zona Gastro. O resto das actuacións serán sorpresa e o público irá descubrindo durante a xornada.

Dentro da programación tamén está previsto que o domingo 2 de xullo, o escenario Paco & Lola, na Praza de Abastos, acolla os asistentes ao festival para gozar do directo de Puma Pumku e dos portugueses Birds Are Indie.

As entradas están dispoñibles na páxina web oficial do festival: www.atlanticfest.com ao prezo de 48 euros máis gastos e inclúe acceso gratuíto á zona de acampada.