Atención Tsunami e Los Marcianos reforzan a oferta musical do Surfing the Lérez

Pontevedra
02 de abril 2024
Actualizado: 30 de setembro

O festival Surfing the Lérez continúa sumando nomes á súa edición de 2024, que se celebrará na Illa das Esculturas os días 14 e 15 de xuño

Atención Tsunami e Los Marcianos Surfing the Lérez / PontevedraViva

O festival Surfing the Lérez continúa sumando nomes á súa edición de 2024, que se celebrará na Illa das Esculturas os días 14 e 15 de xuño.

Nas últimas horas, os organizadores desvelaron a través de redes sociais dous novos concertos. Serán os de Atención Tsunami e Los Marcianos.

Ambos se suman así a un cartel no que xa estaban, entre outros, Nenos Mutantes, The Rapants, Javier Lago, Juno, Lady Banana ou o DJ Gorllitox.

Os madrileños Atención Tsunami son unha banda que oscila entre o rock alternativo máis acelerado e case punk ás variables que o indie-rock. Presentarán en Pontevedra o seu quinto disco, Core, editado tras case catro anos de parón musical.

Los Marcianos, pola súa banda, chegarán desde Vigo para facer gozar ao público cun pop cheo de cancións pegadizas, retrousos contaxiosos, guitarras enérxicas e atmosferas ruidosas. Farano, ademais, con novo disco debaixo do brazo, Cápsula de evasión, o seu terceiro álbum.