AT-59, Haku e Dabelaii poñerán a melodía aos poemas de Florencio Delgado no concurso Música nas Letras

Pontevedra
14 de maio 2022

Un ano máis e por segundo consecutivo, a concellaría de Normalización Lingüística organiza o concurso Música nas Letras, un certame lírico musical que ten como obxectivo poñer música e melodías aos poemas, nesta ocasión, de Florencio Delgado Gurriarán, homenaxeado no Día das Letras Galegas deste 2022

Cartaz do concerto 'Música nas Letras' Concello de Pontevedra

Un ano máis e por segundo consecutivo, a concellaría de Normalización Lingüística organiza o concurso Música nas Letras, un certame lírico musical que ten como obxectivo poñer música e melodías aos poemas, nesta ocasión, de Florencio Delgado Gurriarán, homenaxeado no Día das Letras Galegas deste 2022.

En total se presentaron cinco agrupacións para participar neste concurso, do que finalmente tres foron seleccionadas por un xurado profesional para participar no concerto-final que se celebrará o 17 de maio, ás 19 horas, na Praza da Ferraría. O fallo do xurado foi a favor de AT-59, Haku e Dabelaii, as escollidas para ofrecer a súa música nesta data tan sinalada para os galegos.

"Neste evento, a idea é conformar o podio definitivo, un primeiro, un segundo e un terceiro; nesta homenaxe a Florencio", explica Alberto Oubiña, concelleiro de Normalización Lingüística.

Engadiu ademais que "contaremos coa poesía, ademais, de Vanessa Glemsel e tamén teremos a Pauliña de presentadora. Desde o Concello convidamos a toda a veciñanza a vir até a Praza da Ferraría a celebrar con todas e todos o Día das Letras Galegas con música, con homenaxe; facendo que as nosas Letras sexan cada vez máis internacionais".

Os premios do concurso son serán de 1.000 euros para o primeiro, 500 para o segundo y 250 euros para o terceiro.

Arquivado en