As Revenidas volverán a Vilaxoán do 17 ao 19 de agosto

O Salnés
24 de xaneiro 2018

Quince anos celebrará este 2018 o festival Revenidas de Vilaxoán. E xa teñen datas para facelo: será entre os días 17 e 19 de agosto, segundo confirmaron os seus organizadores

Concierto de La Pegatina no festival Revenidas 2017 Daniel Cruz / Festival Revenidas

Quince anos celebrará este 2018 o festival Revenidas de Vilaxoán. E xa teñen datas para facelo: será entre os días 17 e 19 de agosto, segundo confirmaron os seus organizadores.

Nas próximas semanas, o Revenidas fará públicos os nomes das primeiras bandas que conformarán o seu cartel para esta edición tan especial.

O modelo de combinar actividades de balde para público familiar con concertos de pago seguirá sendo a base desta festa galega, que continuará na súa liña de explorar novos espazos con actividades vencelladas á vila e ao entorno no que se celebra.

Na pasada edición, as 50 horas de música e actividades programadas pola organización nesta vila de 2.000 habitantes viuse reflictida nun impacto económico duns 1.400.000 euros, ademais dos 700 postos de traballo que xerou o festival (200 directos e 500 indirectos), que amosan o esforzo que hai detrás dos escenarios, espazos e actividades do festival.