As poetas Míriam Ferradáns e Lucía Novas participan no Día da Poesía en Bueu

Bueu
21 de marzo 2017

O acto organizouse na Biblioteca do IES Johán Carballeira coa presenza do alcalde Félix Juncal e o libreiro Fernando Miranda

Celebración do Día da Poesía 2017 en Bueu Concello de Bueu

A Biblioteca do IES Johán Carballeira acollía este martes 21 a celebración do Día da Poesía cun acto no que participaba as poetas bueuesas Míriam Ferradáns e Lucía Novas, ademais do libreiro Fernando Miranda e o alcalde do municipio, Félix Juncal.

Durante este acto recitáronse diversos poemas por parte dos asistentes. Os dous poetas convidadas polos estudantes deste centro de ensino secundario responderon tamén a varias preguntas realizadas pola comunidade escolar sobre os seus traballos literarios e as súas fontes de inspiración poética.

Míriam Ferradáns e Lucía Novas explicaron cales son as funcións que pode desenvolver a poesía nun mundo tan dixitalizado como o actual.

Pola súa banda, Félix Juncal mostrouse satisfeito por participar neste encontro literario nunha xornada tan importante para reivindicar a beleza da escritura.