As Noites de jazz xa están aquí

Pontevedra
27 de xullo 2020

Este martes 28 de xullo dará comezo o ciclo "Noites de jazz" para gozar de música en directo e ao aire libre, onde se terán en conta todas as medidas sanitarias para desenvolver coa maior normalidade as actividades

Adrián Solla é pianista, arreglista e tamén productor Cristina Saiz

Este martes 28 de xullo dará comezo o ciclo "Noites de jazz" para gozar de música en directo e ao aire libre, onde se terán en conta todas as medidas sanitarias para desenvolver coa maior normalidade as actividades.

A concelleira de Festas, Carme Da Silva e o coordinador do Seminario Permanente de Jazz, Luis Carballo, presentaron este luns esta proposta cultural que se desenrolará en dous escenarios, a praza da Pedreira e a Praza de España. Ademáis todos os días a partires das 12.00 e das 20.00 horas haberá "Jazz pola Rúa" coa Street Band.

O martes 28 de xullo a estrea será na Praza da Pedreira as 22.00 horas co xoven guitarrista pontevedrés, Manu Díaz Trío e ás 22.30 horas actuará "Antilia" enchendo a Praza España a ritmo de bossa nova.

Para o mércores 29 de xullo está previsto que actúe na Praza da Pedreira ás 22.00 horas o grupo pontevedrés "The Jezz Trío" liderados polo guitarrista Javier Abraldes. E na Praza España ás 22.30 horas "Kambala Quartet" coa fusión de músicos galegos e portugueses.

Hai un cambio respecto ao programa do xoves día 30 de xullo pois estará na Praza da Pedreira ás 22.00 horas "Adrián Solla Trío". Este pianista pontevedrés con proxección internacional é coñecido por acompañar á cantante Marta Sánchez. Na Praza de España (22.30 h) está anunciado "Rosolino Marinello Quartet"

Para o venres 31 o programa de "Noites de jazz" trae na Praza da Pedreira (22.00 h) a "Baraka Jazz Trío" co guitarrista vigués Pedro Freijeiro e na Praza de España (22.30 h) "Miguel Lamas Quartet", un saxofonista italiano afincado en Sanxenxo acompañado polo pianista Sergio De Miguel.

Finalmente, o sábado 1 de agosto é a quenda de "Xosé Outón Trío" Praza da Pedreira (22.00 h) e na Praza de España (22.30 h) "Iago Fernández Grupo".

 

Arquivado en