'As Noites de Cabiria' continúa o mes de Fellini no Cineclube

Pontevedra
10 de febreiro 2020

A cita seguirá ás directrices habituais, comezando este martes 11 ás 20.30 no Teatro Principal e cun prezo de entrada de tres euros. A cinta proxectarase en versión orixinal con subtítulos.

'As Noites de Cabiria', de Federico Fellini Cineclube Pontevedra

A segunda cita co cinema de Federico Fellini chega este martes 11 ao cineclube de Pontevedra coa proxección de 'As Noites de Cabiria' como parte do mes dedicado á figura do realizador italián co motivo do seu centésimo aniversario.

A cita seguirá ás directrices habituais, comezando ás 20.30 no Teatro Principal e cun prezo de entrada de tres euros. A cinta proxectarase en versión orixinal con subtítulos.

Cabiria, a muller que da título á cinta, é unha prostituta que traballa nos barrios pobres de Roma. O seu carácter bondadoso impúlsaa na procura do amor, a pesar da crudeza e sordidez do mundo que a rodea. A pesar de ver como unha e outra vez se aproveitan dela, unha persistencia que roza a inxenuidade lle funciona como motor para atopar esperanza para saír da súa situación.

Considerado un dos clásicos do neorralismo, 'As Noites de Cabiria' fíxose con numerosos premios, entre os que destacan o Oscar á mellor película de fala non inglesa en 1957, e o recoñecemento á mellor actrix para Giulietta Masina no Festival de Cannes dese mesmo ano.


Ficha
Título: Las Noches de Cabiria
Director: Feredico Fellini
Ano: 1957
País: Italia
Duración: 117 min.