As 'Ás para Álex' de Baobab Teatro inician o seu camiño teatral con éxito no Salón do Libro

Pontevedra
26 de abril 2021

O auditorio do Pazo da Cultura acolleu a estrea de Ás para Álex, o novo espectáculo da compañía pontevedresa Baobab Teatro, que escolleu o Salón do Libro Infantil e Xuvenil como punto de inicio desta nova aventura teatral. Foi con dúas sesións que esgotaron as entradas dispoñibles

Representación da obra "Ás para Álex" de Baobab Teatro no Salón do Libro Cristina Saiz

O auditorio do Pazo da Cultura acolleu a estrea deÁs para Álex, o novo espectáculo da compañía pontevedresa Baobab Teatro, que escolleu o Salón do Libro Infantil e Xuvenil como punto de inicio desta nova aventura teatral.

Ás para Álex, que se representou este domingo en sesión dobre, é un proxecto que naceu durante o confinamento da pasada primavera a partir dunha historia real, un neno chamado Álex ingresado na planta de oncoloxía dun hospital.

Coa axuda dunha profesora chamada Laura comeza a facer grúas de papel para evadirse da súa situación e acaba sendo referente para moitos outros nenos no seu mesma situación.

Cora Velasco e Xosé Manuel Esperante son os actores que, sobre o escenario do Pazo da Cultura, escenificaron esta historia, escrita por Andrea Bayer, que tamén dirixe este espectáculo xunto a Óscar Ferreira.

As dúas sesións que ofreceu o Salón do Libro Infantil e Xuvenil esgotaron as entradas dispoñibles, cun aforo reducido para cumprir coas restricións pola covid-19.

Arquivado en