Pontevedra converteuse na noite do martes nun escenario urbano incomparable, onde diferentes espectáculos de rúa percorreron o centro histórico da cidade, transoformándoo nun auténtico escenario onde toda a xente participou do festival Itineranta.
FADUNITO con Que gran familia! A mamá cos seus travesos fillos pasearon por Pontevedra. Esta familia ten unha particularidade e é que son xigantes. Os nenos, montados nos seus triciclos xigantes, fixeron toda clase de xogos e bromas a pequenos e maiores, mentres a mamá, co seu "pequeno" aínda en cueiros e o recén nacido no seu gran cochiño, intentaba controlalos a todos.
KULL D'SAC pola súa banda representou BONECOS un espectáculo no que fusionan todo tipo de melodías, dende a súa base máis esencial, con músicos e vocalista en directo, acompañados de coreografías a cargo de asombrosos e divertidos zancudos.Con estética coidada e variada que dá como resultado un espectáculo divertido e colorista que fai ao público participe para vivir momentos inesquecibles.
BINCADEIRA coa súa DANZA DA RÿA completou a festa, con grandes doses de loucura e diversión. As coreografías e a expresión corporal estabán cheas de vitalidade e forza. A enerxía que desbordan os ritmos afro-latinos de Brincadeira non deixaron a ninguén indiferente alí por onde pasaron.