Ángel Stanich inclúe o Náutico de San Vicente na xira 'Polvo de Battiato Tour'

Pontevedra
03 de abril 2023

Tras abrir a súa xira en Cádiz, seguida dunha recente actuación en Logroño, Stanich e a súa band visitarán o Náutico de San Vicente o próximo 7 de abril na terceira data de Polvo de Battiato Tour

Actuación de Ángel Stanich Ángel Stanich

Tras abrir a súa xira en Cádiz e seguida dunha recente actuación en Logroño, Stanich e a súa band visitarán o Náutico de San Vicente o próximo 7 de abril na terceira data de Polvo de Battiato Tour

O músico cántabro pisará terras galegas por primeira vez neste 2023 e farao estreando o seu terceiro LP, Polvo de Battiato

Stanich explica que este novo traballo "explora sendas inusuales por un territorio más intimista". O artista acompáñase dun grupo de músicos para tocar en directo todo o repertorio dun álbum que, segundo o músico, o mostra diferente, máis intrépido e co enxeño e a retranca aínda máis destacados

O show comezará o venres 7 de abril ás 20:00 horas, e as entradas anticipadas xa están á venda por 20 euros máis gastos de xestión.