Andrés Calamaro, os británicos Madness, Depedro, Carlos Sadness e Sidecars, ao PortAmérica 2019

Umia
20 de decembro 2018

Catorce novas bandas e artistas súmanse ao cartel de PortAmérica 2019, que se celebrará na carballeira de Caldas de Reis os días 4, 5 e 6 de xullo. Apenas tres días despois do primeiro avance, os organizadores desvelaron algúns dos nomes que encabezarán o cartel musical do festival

Madness PortAmérica

Catorce novas bandas e artistas súmanse ao cartel de PortAmérica 2019, que se celebrará na carballeira de Caldas de Reis os días 4, 5 e 6 de xullo. Apenas tres días despois do primeiro avance, os organizadores desvelaron algúns dos nomes que encabezarán o cartel musical do festival.

Así, o arxentino Andrés Calamaro e Madness, un dos principais grupos británicos de ska, serán dous das grandes referencias do próximo PortAmérica, que un ano máis reunirá unha ampla oferta musical chegada desde ambas as beiras do Atlántico.

Estarán tamén en Caldas de Reis referentes da música indie española como Depedro e Carlos Sadness ou bandas como La Casa Azul, Sidecars, Presumido ou Carolina Durante.

De Latinoamérica chegarán, pola súa banda, o grupo de indie rock arxentino Él Mató a un Policía Motorizado, o uruguaios Cuarteto de Nos ou Trending Tropics, banda composta por músicos caribeños liderados polo produtor portorriqueño Eduardo Cabra e o compositor dominicano Vicente García.

Este segundo avance do PortAmérica 2019 complétano o galego Santi Araújo, os almerienses Nixon ou o Combo Viramundo, un proxecto musical no que participan Xoel López, Fernando Lamas e David Quinzán.

Todos eles súmanse aos nomes xa confirmados: Rozalén, Vega e Zahara, a compositora chilena Mon Laferte, a intérprete arxentina Miss Bolivia, as bandas españolas Morgan e Cándida, Anarchicks, un grupo feminino de punk-rock portugués; e a influencer Natalia Ferviú, que protagonizará unha sesión DJ.