Aitana, Arde Bogotá e Vetusta Morla, entre os cabezas de cartel de PortAmérica 2024

Pontevedra
24 de novembro 2023

O festival PortAmérica desvelou o nome das súas principais apostas musicais para a súa edición de 2024, que se celebrará na Azucreira de Portas os días 4, 5 e 6 de xullo. Entre eles estarán Aitana, Arde Bogotá, Vetusta Morla ou Xoel López

Arde Bogotán, na súa actuación nos Premios Ondas EFE / Quique García

O festival PortAmérica desvelou o nome das súas principais apostas musicais para a súa edición de 2024, que se celebrará na Azucreira de Portas os días 4, 5 e 6 de xullo. Entre eles estarán Aitana, Arde Bogotá, Vetusta Morla ou Xoel López.

Aitana, que xa encabezou o pasado ano o festival O Son do Camiño, chegará a Portas para presentar o seu novo disco, Alpha; mentres que Arde Bogotá, o grupo revelación do panorama 'indie' nacional fará o propio co seu Cowboys de la A3.

Vetusta Morla e Xoel López, este último tamén con novo álbum, Caldo Espírito, pola súa banda, repetirán nun dos seus festivais fetiche, para delirio dos seus miles de seguidores.

Este primeiro avance do cartel do PortAmérica 2024 inclúe tamén a Carlos Sadness, Rodrigo Cuevas, Marilia Monzón, as bandas El Columpio Asesino, Burning, Standstill, Besmaya, Sarria e Shinova, xunto cos galegos The Rapants e Mondra.

Do outro lado do charco chegarán o cantautor brasileiro Toquinho, o rapero arxentino Milo J e os mexicanos Caloncho e Sonido Gallo Negro.

PRIMEIROS COCIÑEIROS PARA O SHOWROCKING

PortAmérica avanzou ademais o nome dos primeiros cociñeiros e cociñeiras que participarán no ShowRocking, a súa proposta gastronómica estelar, que volverá estar capitaneada polo pontevedrés Pepe Solla.

Xunto a el estarán, entre outros, Javi Olleros (Culler de Pau), Diego Guerrero (Dspeak), Lydia Del Olmo e Xosé Magallaes (Ceibe), Begoña Rodrigo (La Salita), Édgar Núñez (SUD 777), Javi Estévez (La Tasquería), Diego López (La Molinera) ou Yolanda León e Juanjo Pérez (Cocinados).

Artur Martínez (Aürt), Nagore Irazuegi e Rodrigo Fonseca (Bascoat), Luis Lera (Lera), Maca de Castro (Maca de Castro), Victor Martín (Trigo) e Roberto Ruiz (RRMX) tamén cociñarán este ano.

Os abonos para esta edición sairán á venda o próximo martes 28 de novembro ás 12:00 horas,