Desde este 23 de abril, Día do Libro, o autor gráfico coruñés José Malvárez Carleos inicia a publicación en PontevedraViva de '100 Historias', unha nova proposta narrativa composta por relatos curtos, que irán aparecendo diariamente na sección de Cultura.
Neste caso, o argumento céntrase na doncela e o narrador, protagonistas doutras obras do autor, que realizan unha viaxe xuntos. Para entreterse, comezan a contarse historias sobre os diferentes personaxes que atoparon nas súas vidas.
Unha nova aventura escrita en lingua galega por un ilustrador que sempre está a probar novos estilos narrativos.
JOSÉ MALVÁREZ CARLEOS
O ilustrador galego formouse en Pontevedra, na escola de creadores gráficos de Kiko da Silva, O Garaxe Hermético. O seu obxectivo é manter unha continua actividade creativa e o máis destacado do seu amplo traballo artístico pode lerse a través de www.piuley.es.
Cada día publica unha páxina das súas creacións en PontevedraViva, onde podes seguir a súa evolución. Ata o momento ten publicado os siguientes títulos neste periódico dixital: 'Ela e máis el', 'Soñadores'; 'Reverso'; 'La Posada de las Historias'; 'Narrador'; 'Pura ficción'; 'Viaxe en tren'; a historia curta, 'O hórreo', 'Viaxes entre viñetas' e 'Escuridade'.
Con motivo da celebración do Festival de Banda Deseñada Viñetas desde o Atlántico 2019 publicou en formato físico e dixital a través de Amazon o primeiro volume das historias de 'Narrador', que se pode adquirir a través deste enlace: https://www.amazon.es/