A xira de Carlos Núñez chega este venres a Vilanova e o domingo a Cambados

O Salnés
25 de xullo 2024

Turismo de Galicia está a impulsar os concertos da xira 'Lugares Máxicos'

Carlos Núñez, músico Carlos Núñez

A xira 'Lugares Máxicos' de Carlos Núñez está percorrendo este verán distintos lugares emblemáticos de Galicia co apoio da Xunta de Galicia para poñer en valor o patrimonio musical e arquitectónico galego ao tempo que está a encher a oferta turística do verán con propostas para todos os públicos.

Este venres, 26 de xullo, ás 20 horas, celebrarase o do pazo de Baión, en Vilanova de Arousa.

Esta fin de semana tamén se celebrará o domingo 28 na Fundación Manolo Paz de Cambados. 

'Lugares Máxicos' é unha xira que leva case unha década percorrendo distintos emprazamentos de Galicia e fóra dela. Son concertos nos que participan o músico Carlos Núñez e a súa banda ademais de convidar a novos talentos musicais de cada zona. Este ano presenta o seu novo disco, Celtic Sea, froito da colaboración con Brittany Ferries para celebrar o 50 aniversario da compañía marítima que une os portos atlánticos europeos e na que viaxan 3 millóns de persoas cada ano.