A violinista Ana María Valderrama, solista no concerto do 70 aniversario da Raíña Sofía, actúa no Principal

Pontevedra
18 de decembro 2016

Organizado pola Sociedad Filarmónica de Pontevedra, o concerto será este luns 19, ás 20.30 horas, no Teatro Principal coa intervención do pianista Luis del Valle

O pianista Luis del Valle e a violinista Ana María Valderrama Sociedad Filarmónica de Pontevedra

Organizado pola Sociedade Filarmónica de Pontevedra, este luns, ás 20:30 horas,o Teatro Principal acollerá un concerto que estará protagonizado polo dúo formado pola violinista Ana María Valderrama e o pianista Luis del Valle.

Tras o seu debut como solista co director Zubin Mehta no concerto de celebración do 70 aniversario da Raíña Sofía, Ana María Valderrama consagrouse como unha das violinistas máis aclamadas do momento.

Gañadora de importantes concursos internacionais, como o Primeiro Premio do XI Concurso Internacional de Violín Pablo Sarasate 2011, Ana María mantén unha intensa carreira que lle levou a actuar por todo o mundo, non só como concertista de cámara, senón tamén como solista xunto a importantes orquestras.

Luis del Valle colabora activamente con diversas formacións e solistas instrumentais, aínda que sen dúbida a súa extraordinaria proxección no panorama musical español débese á carreira como concertísta que mantén xunto ao seu irmán Víctor, formando un dúo de pianos que foi proclamado gañador, entre outros premios, do prestixioso ARD International Music Competition.

Ana María Valderrama e Luís del Valle ofrecerán en Pontevedra un programa con obras de Robert Schumann, Camille Saint-Saëns, Théodore Dubois e Pablo Sarasate. Moitas das obras que se escoitarán están recollidas no disco "Á mon ami Sarasate", que ambos gravaron recentemente e que obtivo numerosos premios e distincións, entre eles o Melómano de Ouro e o Disco Excepcional Scherzo.