A Sociedade Antropolóxica Galega presenta experiencias descoñecidas sobre o Entroido de Galicia

Pontevedra
25 de febreiro 2020

A Sociedade Antropolóxica Galega celebra as XIII Xornadas sobre o Entroido de Galiza cun programa que contará con relatorios e unha exposición fotográfica sobre a festividade. O evento terá lugar os días 28 e 29 de febreiro no Centro Nemonon

XIII Xornada sobre o Entroido de Galiza Boris Rodríguez Pintos

A Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) organiza, por oitavo ano consecutivo, as "Xornadas sobre o Entroido de Galiza". Con este evento SAGA pretende dar a coñecer experiencias relacionadas co Entroido que ata o de agora permanecían descoñecidas para a maioría do público.

As xornadas terán lugar os días 28 e 29 de febreiro no Centro Nemonon, e dividiranse en dúas partes: relatorios e exposición fotográfica.

Os relatorios comezarán ambos os días ás 18:00 horas. Durante a tarde, asociacións e estudosos do Entroido darán diferentes charlas sobre os novos descubrimentos que se realizaron sobre a festividade. Para finalizar o día os ponentes compondrán unha mesa redonda na que se discutiran diferentes temas relacionados co entroido.

A exposición fotográfica estará aberta mañá e tarde tanto o venres como o sábado. A exhibición mostrará de maneira visual o atractivo e a beleza que posúe esta festividade e que seduce cada ano a miles de galegos.