A saúde mental, protagonista no peche do ciclo 'Danza Pontevedra'

Pontevedra
16 de abril 2023

O espectáculo 'DeMente', de Fran Sieira Compañía de Danza puxo este domingo 16 de abril o broche a un ciclo pensando para achegar o mundo da danza a toda a cidadanía

O espectáculo 'DeMente' pecha o ciclo Danza Pontevedra Cristina Saiz

O espectáculo 'DeMente', de Fran Sieira Compañía de Danza puxo este domingo 16 de abril o broche ao ciclo Danza Pontevedra.

Conferencias, obradoilros e espectáculos trataron de achegar esta semana a danza á cidadanía a través de diferentes actividades.

A última, e como prato forte, foi 'DeMente' no Pazo da Cultura. Trátase dun espectáculo recoñecido entre outras cousas como finalista dos Premios Max ou seleccionado para representar a Galicia no Festival Internacional de Teatro de Manizales de Colombia.

Coa súa proposta Fran Sieira Compañía de Danza, a través dun elenco de oito bailaríns e bailarinas e coa música de Cristian Silva Bóveda, propón un achegamento ao estigma que supoñen as patoloxías vinculadas coa saúde mental.

Cabe lembrar que segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS) unha de cada catro persoas sofren, sufriron ou sufrirán nalgún momento da súa vida un trastorno destas características.