O convento de Santa Clara acolle estes días a rodaxe do filme "San Simón", dirixido por Miguel Ángel Delgado e producido por Andrea Vázquez.
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, tivo a oportunidade de coñecer a recreación que se está a realizar en Santa Clara do edificio asistencial e de enfermería que había en San Simón entre octubre de 1936 y marzo de 1943, cando a illa era unha colonia penitenciaria pola que se calcula que pasaron máis de 6.000 presos políticos.
"San Simón" trátase dun filme baseado en historias reais de presos republicanos que recalaron no cárcere da illa, unha das prisións coa taxa de mortalidade máis alta debido ás súas condicións inhóspitas.
A trama da película, que se prevé estrear a finais deste ano ou comezos do 2025, aséntase en diarios, cartas e memorias das persoas presas.
Ademais de rodarse no convento de Santa Clara de Pontevedra e na illa de San Simón tamén se vai rodar na ETEA de Vigo e na Cova da Moura de Ourense.
O equipo de Inés Rodríguez, nomeada aos premios Mestre Mateo pola dirección de arte da serie “Rapa”, ambientou o antiguo convento pontevedrés das clarisas.
O filme está producido por Miramemira, de Santiago de Compostela (compañía detrás de películas como "O que arde" e "O Corno"), a madrileña Morelli Producións e Bando á Parte, de Portugal.
A produción, integramente en galego, concentra a un total de 250 persoas, entre actores e figurantes. No reparto atópanse profesionais como Valentín Estévez, Javier Varela, Miguel Borines e Tatán pero tamén familiares e persoas que pasaron pola illa durante a súa época como campo de concentración.