A quinta Xornada de Onomástica que organiza a RAG poderá seguirse por streaming

Pontevedra
30 de outubro 2020

O evento, que se celebrará o 7 de novembro e poderá seguirse de forma presencial e online, versará este ano sobre os nomes das marcas comerciais

Entrada do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra PontevedraViva

O Museo de Pontevedra acollerá o 7 de novembro a quinta edición das Xornadas de Onomástica que organiza a Real Academia Galega e que versará este ano sobre os nomes das marcas comerciais. 

O programa contará con voces da filoloxía e a dinamización lingüística xunto a outras do mundo da creación de marcas como a zoqueira Elena Ferro. O evento poderá seguirse de forma presencial e tamén online, sendo necesario formalizar a inscrición antes do 1 de novembro.

No encontro examinaranse algúns dos sectores implicados na creación de nomes comerciais, o valor das marcas galegas, as estratexias de márketing empregadas e as oportunidades pedagóxicas que ofrece este material para traballar na aula.

A xornada comezará cun relatorio sobre a denominación da disciplina dedicada ao estudo dos nomes das marcas a cargo do coordinador do Seminario de Onomástica e outro sobre o valor dos nomes para as marcas. Logo analizaranse os rescursos lingüísticos das amrcas comerciais e tamén a relación das marcas coa paisaxe lingüísitco. Ademais falarase tamén sobre diversos casos particulares de éxito.