A praza de España réndese ao metal de Malkeda e Javier Gómez Noya

Pontevedra
08 de agosto 2020

A aparición do pentacampeón do mundo de tríatlon sobre o escenario foi o momento máis emocionante da velada

Concerto de Malkeda e Javier Gómez Noya Cristina Saiz

Con aforo limitado e cadeiras. Un decorado moi pouco común para gozar dun concerto de rock. Pero nin as esixencias da nova normalidade impediron aos pontevedreses que se deron cita este venres na praza de España gozar do concerto da mellor banda de Pontevedra. 

Malkeda tocou as súas mellores cancións, presentou diante do seu público o seu novo single Este Rincón e sorprendeu a todos coa aparición dun artista invitado. O pentacampeón do mundo de tríatlon, Javier Gómez Noya, que cambiou a camisola pola guitarra, saltou ao escenario para tocar con eles. Cabe lembrar que xa colaborou durante a gravación do último disco do grupo con dúas cancións.

En xaneiro do 2020 tivo lugar no Local de Música unha votación para elixir á mellor banda da cidade. O resultado do xogo da votación IEOMGDHDP (Imos escoller o mellor grupo da historia de Pontevedra) saldouse coa elección da clásica banda de metal alternativo como a mellor da cidade.

Arquivado en